Festival Primavera do Cine en Vigo

Mañán sábado (25 de maio) na praza da Constitución terá lugar o lanzamento do festival coa proxección ao aire libre das películas gañadoras da edición anterior, “retomando o cine ao aire libre que facía anos non podíamos desfrutar na zona vella de Vigo”. As 22:30 horas haberá un concerto de Jazz e proxectarase un videoclip de Patricia Moon, realizado por Duplo Studio, a curtametraxe “Dúas Letras” de Eloy Varela e a longametraxe “Relatos” de Mario Iglesias.

O festival levarase a cabo entre o mércores 29 e o 2 de xuño. O mércores 29 de maio no auditorio do Concello de Vigo arrancará oficialmente a segunda edición coa gala de inauguración a cargo do grupo de teatro Triatreiros e na que se proxectará a primeira das longametraxes a concurso. Ana Laura sinalou que “este ano o xurado volta a ser o público asistente ao festival que coa súa valoración das películas decide quen van ser os premiados”.

Durante os días do festival, o auditorio do Concello de Vigo se centrará na proxección das longametraxes a concurso con dúas sesións diarias, ás 20:00h e ás 22:00h. O sábado 1 de xuño poderemos desfrutar dunha dobre sesión (as 11:00h e as 12:00h) de cine galego dirixido ao público infantil.

O xoves 30 de maio no museo MARCO proxectaranse os tres bloques de curtametraxes, ás 17:00h, 18:30h e 20:00h. Aínda que o espazo diario para as curtametraxes será a Sala VigoVello (na Rúa Oliva, xunto á Colexiata), xa que de xoves a sábado, poderemos ver os diferentes bloques de curtametraxes en tres sesións: ás 18:30h., 20:00h., e 21:30h.

Na Sala VigoVello, o sábado 1 de xuño, terá lugar a partir das 23:00 a festa do Festival Primavera do Cine na que se proxectarán videoclips seleccionados que competirán polo premio do público. A entrada para a festa será de 4 € con dereito a consumición e ademais haberá sorpresas para os asistentes.

O domingo 2 de xuño concluirá o festival no auditorio do Concello de Vigo cunha gala na que se fará entrega dos premios as películas máis votadas polo público. Coa presenza de directores e actores das películas participantes no festival, unha proxección especial e algunhas sorpresas máis para o público asistente, esta gala de clausura promete ser un evento de referencia para todos e todas as amantes do cine galego.

Horarios de las actividades

 

 
OTROS VIDEOS QUE TE PUEDEN INTERESAR
  • Julián & Nico
  • Vigopolis. La Serie
  • El Gran Wyoming
  • Carmen Albo
  • Aerolineas Federales
  • Carlos Nuñez
  • Xoel López
  • Manquiña
  • Joao Tomba
  • Francisco Castro
  • Basia Bulat
  • Sergio Pazos
  • Iván Ferreiro
  • Antonio Barreiro
  • Gonzo

 

primi sui motori con e-max
       
  vigopolis © 2017 Vigópolis. La Serie | El Viaje © 2013-2017 Visita nuestras redes sociales
·····························································································································································································
  · Qué es vigopolis.com · Quienes somos
  · Qué es vigopolisTV · Capítulos  
  · Aviso legal · CONTACTO Si quieres nuestros servicios contacta con nosotros
  · CONTACTO · webserie@vigopolis.com Empresas con las que trabajamos
  · info@vigopolis.com   By Bekkos Servicios Web